Paxinas vistas en total

segunda-feira, 13 de junho de 2011

Os Crescent, como colgantes de arnes na idade media

Ainda que non é nin moito menos o tema que deberia ocupar este foro, muitas veces teremos que recurrir a elementos materiais para poder contrastar os nosos achadegos cerámicos, on "crescent" ou colgantes luares en crecente son unha tipoloxía ate o momento pouco analizada e regularmente escasa pero que pode atoparse sobre todo na alta idade media. Como colgante de arnés para cabaleirias debeu durar até o século XIII sen especial problema, mantendose como elemento apotropaico e sobre todo decorativo; as suas orixes son muito mais complexas, non pretendo aqui demorarme cunha tese sobre este particular mais debemos saber que en primeiro momento representaron o culto a divinidades mistericas da baixa romanidade muitas delas importadas de oriente. A meia lua ainda se conserva como simbolo nacional do mundo árabe, e resulta curioso saber tamén que os nosos aros para pendentes non son mais que a deformacion de arracadas formadas por crecentes luares dos que partia un aramio de cada "corno" para fixar ao burato da orella


Aqui podedes ver un exemplo completamente contemporaneo de duas arracadas en "crescent", un tipo de pendente que, ainda que voltaran pouco ha a estar en suceso, foron habitules entre as alfaias das nosas abos.
Os exemplos que incluin no post anterior representan no caso do realizado en bronce, un exemplo bizantino do século XII (aprox.) e no caso do composto en ouro outro exemplo este baixoimperial. O que nos atopamos é apenas un corno da media lua, claramente o engarce debeu ir ao centro da xoia, e por el partiu ou foi partido. Estivo dourado e conserva restos deste metal nas cavidades grabadas que o decoran, a modo de talla a bisel. Datá-lo é unha autentica aventura sobre todo ao faltar a parte fundamental, pero pola qualidade que en orixe debeu ter, unha peza realizada en metal dourado, non parece probable que fora destinada como colgante de arnés, onde resultaba mais comun o bronce patinado, pintado ou simplemente limpio. Podemos aceptar que puido ser unha peza de orixen baixoimperial e con destino de uso persoal, quando o culto ainda era conhecido e público, datandoo pois entre o século IV, e o VI, asi a sua rotura, precisamente pola parte mais resistente (resulta mais comun que se desprenda o colgante por putrefaccion do metal que, que parta polo espazo mais groso e forte da peza) fora produto mas que dun accidente dunha accion tenaza coas duas mans para eliminar un simbolo enton considerado pagano para portar humanos, vamos sobre o século X mais ou menos, pero unicamente falamos de especulacions, cando menos de momento.

Sem comentários:

Enviar um comentário