Paxinas vistas en total

terça-feira, 31 de maio de 2011

Un pouco de Antropoloxía, a ceramica popular do Valadouro un recente descubrimento

    Durante moito tempo teño usado das formas modernas ou posteriores á xeralizacion do torno alto e rápido e do vidrado, como referente ultimo dun proceso que comezo nos ultimos anos do Imperio Romano, na comarca mariñana podemos distinguir con certa facilidade as diferencias locais entre as formas e as pastas das vasixas medievais e post medievais, mais a ceremica moderna parece que quedaba completamente absorvida pola produccion mindoniense e as imposrtacions leonesas, extremeñas, sevillanas e levantinas. A liña mindoniense da que nos tocará falar no seu momento caracteriza-se por un escaso desenrolo do proceso decorativo dos vasos, xeralmente pastas ben decantadas e de paredes finas, vasixas de doble asa como e cuncos semicerrados (os chamados popularmente púcaros), dentro dos elementos cerrados e lebrillos sinxelos, bebedeiros para aves comedeiros, porrons, xerras e un longo etc. En xeral soian ser de tonos ocres con cocimento primordialmente oxidante baixo temperaturas superiores aos 900 grados, formas sinuosas tanto no corpo como no colo, e por fin vordes exvasados con colos pouco pronunciados e lavios practicamente reducidos a un sinxelo baqueton de pequeno tamaño. Os vidrados internos na sua maioria, con baños estañiferos comuns e pouco craquelado, a decoración exigua por non decir inexistente, con superficies lisas apenas surcadas por algun sogueado ou linha horizontal. Ben este é o entorno no que debemos traballar dende finais do XVIII até ben entrados os anos 60 do século XX, a uniformidade e sorprendente e ate preocupante pois desta  maneira deixaba horfos de sigla outros anaos que, ainda non pertencendo claramente a ningunha das outras posivilidades foraneas, saianse das tipoloxias mindonienses completamente. Este é o caso dos anacos e até vasixas enteiras atopados no entorno mariñano, de factura popular e con vidrados estañíferos mas con cores tendentes ao cobre, verdes intensos, e a o oxido de plomo con blancos, ademais entra en xogo o uso de pastas de cor blanca que resultan logo do vidrado dun tono mel moi atractivo, as asas varian en forma, aparecendo as chamadas asas muñón que conviven coas de cinta comuns na producion mindoniense, aprobeitanse métodos decorativos básicos como o vidrado á sal, con ou sen tintes obtendo o coñecido moteado das louzas inglesas preindustriais, os vordes xogan entre exvasados moi voados con lavio recto e redondeado e as imitacions tarcias do labio engrosado medieval a modo de labio en pestaá, sobre todo en lebrillos e elementos abertos, aparece o plato como simbolo identificativo da ceramica da zoa, mentres que en Mondoñedo apenas se utilizaba e en todo caso era de factura deficiente e vidrados limitados (pode que pola accesivilidade que se tiña a maiolicas e louzas brancas de produción europea e española) no Valadouro o plato definese como un elemento significativo, ben cuidado, lixeiramente acuncado e cun vidrado moi cuidade, unido a tonos dende o crema ate o verde pálido, os lebrollos gañan en grosor e distancianse da fonte redonda propiamente dita cunha sobrecarga de decoracion incisa baixo o vidrado, a modo de rosetas de acantos, motivos foliares esquemáticos etc, o forno que coñecemos actualmente xunto co seu correspondente muladar ten xa desaparecido e so nos quedas alguns restos que escaparon da retirada de escombros realizada nos 70, a sua situacion preferimos de momento mantela no anonimato ate que non recibamos permiso do seu propietario, cos poucos restos que pudemos rescatar das pexzas defetuosoas que se destruian perto do forno estamos a intentar xerar un sistema de identificación para esta cerámica de recente descubrimento, de tos xeitos os anacos atopados de momento remitennos a un forno de reciente construccion, con apenas un par de séculos, en proximos post incluiremos algun aporte potográfico tanto dos anacos rescatados como de formas mais completas ou ate enteiras localizadas en desuso en casa sdo entorno do mesmo.

Sem comentários:

Enviar um comentário