Paxinas vistas en total

segunda-feira, 30 de maio de 2011

Continuacón

   A ninguen se nos escapa que estas formas altomedievais teñen mais que ver coas vasixas primitivas dos campos de furnas que coa recente herencia helenizante. Sin embargo queda demostrado que os dous modelos conviviron en aparente igualdade de proporción, sempre a falta de mais e mellores escabacións dende logo, a solucion que aportan os anglosaxons é a chegada de modelos arcaizantes ainda que moi elaborados dende o norte eslavo xunto cos diferentes procesos migratorios de fins do imperio, non son eu quen de artellar unha teoria de tal calibre mas deixolles unha copia dunha páxina do libro Guest in The House  Cultural Trasmission betwen Slavs and Scandinavians 900 to 1300 AD de Mats Roslund ( Boston 2007) con alguns destes exemplos dos que lhes falei, sempre á espera de nova información. Estou seguro que o doutor Caballero Zoreda non se incomodará se incluo no meu blog os magnificos resultados que obtivo da escabación do espazo cercano á torre de Hercules cunha datación por Radiocarbono en torno ao 800, neste caso os resultados son moi semellantes aos da nosa primeira fase ou paquete A tanto en pastas como en formas exceptuando a tendencia excesiva no comarca que traballo ao labio perpendicular, particular que aparece en menor medida na excabación citada e mais ben ligado a xerras como recipientes cerrados caso que tamén se repite aqui ainda que non chegaramos aou punto de representar as formas cerradas, deixolles pois un par de fotografias do paquete que el denomina EM 1 e data por radiocarbono e termoluminiscencia en torno aos ultimos anos do milenio.

Sem comentários:

Enviar um comentário