Ainda que aqui en España, e sobre todo no norte, os estudos sobre cerámica medieval e sobre a ceramica de transición estean ainda practicamente sin comnezar nestes ultimos anos estivemos asistindo á publicación de pequenos traballos a maioria deles enfocados a teses dotorais relacionado diretamente con este particular, no meu caso debo confesar que taballo con ventage, pois o material do que dispoño foi obtido con certo método arqueolóxico, cando menos difereciando e siglando os paquetes dos cales procedia, durante os anos 70 por un afeizoado que agora mo donou a min para que o estudase, do cal lle estarei eternamente agradecido, e non dudarei en comunicarlles o seu nome cando el mo permita. De todos modos a cantidade de ceramica obtida en xacementos como o Castelo da Lua, ou a Rocha Forte de compostela non é nin moito menos menor á que eu podo manexar, pode que o seu handicap sexa que ocupa um espazo de tempo moito mais limitado. Cando un ten cursado estudos relacionados con estas investigación amais de doctorar-se nelas acostuma a buscar restos en superficie en todo momento, até cando está coa familia na plaia e desa maneira teño obtido multitude de exemplos para comparar co xacemento do que dispoño de mais información, exemplos que abranguen dende case os nosos dias ata o mundo castrexo, vivimos nunha terra onde un castro maritimo acostuma a convertir-se en paseo maritimo con demasiada facilidade e asi a area soe encherse de anacos do que as palas mecánicas desconsideradamente destruiron, un paseo por certos areais pode reportaslle a un bastante mais que un bronceado.
De todos xeitos non é este o tema que agora me dispoño a tratar, ainda que tirarei del nun futuro sobre todo para dar contexto aos materiais posteriores ao S XII, ainda que seguimos a ter enormes problemas coa cerámica medieval, en parte por permanecer habitualmente en zoas ainda habitadas que sufriron mil revoltas e inversions estratigráficas e en parte pola ausencia de fosiles diretores nos periodos mais antiguos, unha serie de particulares presentansenos até o de agora case de maneira induvidavel e sentando cátedra, no noso entorno, debemos esperar atopar labios esbasados rematados en angulo e labios e colos perpendiculares durante os primeiros séculos da idade media, debemos tamén acostumarnos á supremacia casi total do labio en pestana durante os séculos centrais e por fin atoparemos as pastas de son metálico, rotura en z, con labios esbasados e importantes prolongacions da parte superior dos mesmos nos últimos séculos, até que a chegada da idade moderna introduzca as maiolicas e provoque un autentico caos nas louzas populares, retomandose modelos, adaptando importacións e, en fin, complicandonos a vida; xa chegaremos a esa parte e xa verán como se sufre ao intentar explicar o porque de certas regresions nos perfiles sinuosos cando xa quedaran case avandoadas.
Agora mesmo ocupanos o primeiro modelo e a primeira forma do entorno mais antiguo que manexamos, deste paquete so nos interesa un obxeto metélico, unha parte dun amuleto en lua crecente decorado en ouro que mostrarei a continuación, ademais algunha tapadeira de xisto, algun cravo e unha punta de puñal, un unico anaco de vidro comun e pouco mais. No entorno do norte de europa xa ha tempo que se leva a supoñer que o colo perpendicular lixeiramente exvasado con lavio perpendicular non ten nada que ver co proceso evolutivo dos vordes esbasados e invasados romanos, estes en particular que trataremos nos seguintes posts, son o xermen de todas as variantes que logo poderiamos ver, tanto os labios en T, os engrosados, os de prolongada e decorada liña vertical etc.
Sem comentários:
Enviar um comentário